Autorizaciones

Autorizaciones

Autorizacións e mandato SEPA

 

Envíanos o formulario de autorización e delega así as túas xestións

Se precisas delegar trámites e xestións sobre o teu contrato de subministración, é necesario que habilites a persoa que autorizas para realizar as túas xestións.

 

Que tipo de autorización precisas?

  • Autorización xeral: necesaria para que un terceiro que non sexa titular do contrato poida realizar as xestións de:
    • Solicitar duplicados de facturas
    • Xestións relacionadas cos pagamentos e regularización de débeda
    • Actualización de datos para enviar facturas
    • Cambio de datos bancarios para o pagamento
    • Tramitación de reclamacións
    • Actualización de datos de contacto, incluído o teléfono e o correo electrónico
    • Activar a factura dixital

A autorización estará habilitada ata que ti, como titular, nos comuniques a denegación da autorización ou o contrato deixe de estar ao teu nome.

  • Autorización de contratación: necesaria para que un terceiro poida realizar no teu nome unha xestión puntual de contratación, como: alta, baixa ou cambio de nome.

 

Como tramito a autorización?

  1. Descarga o tipo de autorización que precises
  2. Énchea e asínaa cos datos requiridos
  3. Envíaa a través do Contacta achegando o documento de identidade do titular do contrato e da persoa autorizada
  4. Especifica a solicitude que desexas realizar

 

Envíanos o mandato SEPA para formalizar a túa domiciliación bancaria

Necesario para que o titular da conta bancaria acredite a titularidade da conta e se formalice a domiciliación do pagamento bancario dos recibos da subministración de auga.

  1. Descarga o mandato SEPA .
  2. Éncheo e asínao cos datos requiridos.
  3. Envíao a través do Contacta especificando o enderezo da subministración de auga e o número de contrato.